Festival científico CinVigo
Data de celebración:
20 de abril ás 11:30Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
CinbioLugar
porta do sol
36202 VIgo
España
Tipo de evento
FeiraEntrada:
De baldeModalidade
PresencialNa Porta do Sol os días 20 e 21 de abril
O Cinbio, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, organiza esta fin de semana o festival científico CinVigo, unha iniciativa que busca achegar a ciencia que día a día se fai neste centro ás prazas e rúas da cidade, convertendo a Porta do Sol nun auténtico laboratorio científico do que poida ser partícipe toda a cidadanía. Baixo o lema Ciencia na rúa, o público asistente poderá coñecer de preto diferentes proxectos científicos, pero tamén participar activamente en retos, concursos ou actividades divulgativas como a xincana e os obradoiros, estes últimos especialmente deseñados para público infantil.
Programa:
11:30h Maxia de preto itinerantes
11:30h Ciencia exprés itinerante
12:30h Visita inaugural coa asistencia de Miguel Correa e Diana Valverde, director e subdirectora do Cinbio; Ana Ortiz, delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, e Olga Alonso, concelleira de Educación
16:00h Maxia de preto itinerante
16:00h Ciencia exprés itinerante
16:00h Minuto de gloria: proxectos ao escenario!
16:00h Saída xincana
17:00h Programa de Radio Efervesciencia
18:00h Espectáculo de maxia
18:45h Desafío final xincana
19:15h Espectáculo Cienceando