Transporte

O desprazamento ao teu campus é sinxelo e cómodo, tes moitas alternativas e grandes descontos. Aprovéitaos!


Coche compartido #UVigoComparteCoche

A Universidade de Vigo pon en marcha unha iniciativa de coche compartido para toda a comunidade universitaria. A través da aplicación gratuíta Hoop Carpool, o estudantado, o PAS e o PDI poderán poñerse en contacto para compartir coche e gastos nos seus desprazamentos diarios aos campus e promover a sostibilidade.

Como compartir coche?

  1. Descarga a app Hoop Carpool no teu móbil e rexístrate
  2. Introduce o código promocional #UVIGO220 para compartir gastos e acceder a cheques de gasolina gratis
  3. Publica os teus traxectos como condutor/a ou pasaxeiro/a
  4. Atopa o teu compañeiro/a, chateade e reserva a túa viaxe

 


Servizo de autobús circular no campus de Vigo

O estudantado, o PAS e o PDI teñen á súa disposición un servizo de autobús circular gratuíto no campus de Vigo con saída desde a residencia universitaria e desde o centro comercial.

Percorrido

  1. Residencia de Estudantes
  2. Edificio de Deportes
  3. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
  4. Facultade de Filoloxía e Tradución
  5. Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
  6. Citexvi
  7. CACTI
  8. Edificio de Ciencias Experimentais
  9. Escola de Enxeñería Industrial
  10. Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
  11. Área comercial
  12. Residencia de estudantes

Horarios

Saídas da residencia de estudantes: 8:45 h | 8:55 h | 9:50 h | 10:00 h | 10:50 h | 11:00 h | 11:50 h | 12:00 h

Saídas da área comercial: 12:45 h | 12:55 h | 13:45 h | 13:55 h  (paso pola residencia de estudantes ás 12:50 h | 13:00 h | 13:50 h | 14:00 h)

 


Servizo de autobús do persoal ao campus de Vigo

No campus de Vigo existe ademais un servizo propio de autobús para o desprazamento do seu persoal ata o campus As Lagoas, Marcosende cos seguintes horarios e paradas:

 


Autobús urbano

As tres cidades contan cunha rede de autobuses urbanos con varias rutas que chegan ata os campus universitarios nos cales o estudantado da Universidade de Vigo conta con importantes descontos no prezo dos billetes.

  • Ourense
    Consulta toda a información sobre os autobuses urbanos de Ourense na web www.urbanosdeourense.es
  • Pontevedra
    Podes achegarte ao campus utilizando o servizo de bus que conecta A Xunqueira coa estación de bus e de tren.
  • Vigo
    A tarxeta PassVigo Universitario pódea solicitar todo o estudantado matriculado no curso 2020/2021 nunha facultade ou nunha escola do campus de Vigo, cunha tarifa especial de 0,67 € por viaxe se emprega a tarxeta. A tarxeta pódese solicitar en liña en calquera momento en https://passvigo.vigo.org/,  sen necesidade de acudir presencialmente a ningunha oficina.
    Lembrámosche que para consultar todos os horarios e os percorridos das liñas, podes empregar a web de Vitrasa ou as aplicación Moovit e Vigo App e que as lanzadeiras U1 e U2 estarán dispoñibles a partir do 21 de setembro.

 


Tren ou autobús de liña

Para desprazamentos desde fóra dos casos urbanos, existen conexións co resto de cidades próximas tanto en autobús como en tren. Podes consultar toda a información nos seguintes enlaces:

 


Andando ou en bicicleta

A mellor opción para os campus urbanos de Ourense, Pontevedra e Vigo. Sen presas, sen custo, gozando da paisaxe e aproveitando para facer exercicio e coidar do medio ambiente.

 

 

 

Para máis información, podes contactar coa Sección de Información ao Estudantado (SIE)

Campus de Vigo
+34 986 813 630
sie@uvigo.gal

Campus de Ourense
+34 988 387 102
asc-ou@uvigo.gal

Campus de Pontevedra
+34 986 801 949
+34 986 801 955
asc-po@uvigo.gal