Ciclo de cine 'Expediente Alquimia (II)'
Data de celebración:
19 de abril ás 19:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Vicerreitoría do campus de PontevedraLugar
Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
CineEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialProxección de 'Anomalisa'
Nunha nova sesión do ciclo de cinema Expediente Alquimia (II), a sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Anomalisa (2015), un filme de animación dirixido por Charlie Kaufman e Duke Johnson, gañador do Gran Premio do Xurado no Festival Internacional de Cine de Venecia en 2015.
Promovido pola Vicerreitoría do campus, co patrocinio da Deputación de Pontevedra, e inserido nas actividades da Semana da Creatividade, trátase dun ciclo integrado por dez proxeccións, que propón un achegamento ás múltiples canles polas que a creatividade se fai patente en películas de diferentes xéneros e épocas.