Presentación rexional do proxecto 'Firepoctep+'
Data de celebración:
22 de abril ás 15:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Universidade de VigoLugar
Rúa Padre Amoedo Carballo, 3
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
Charlas e seminarios e XornadasEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo Edificio Castelao do Museo
Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Roberto Álvarez, deputado provincial de Cooperación Transfronteiriza e Relacións Institucionais, e Juan Picos, investigador principal do proxecto Firepoctep+
O Museo de Pontevedra acolle a xornada de presentación en Galicia do proxecto Firepoctep+, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feder), no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg VI-A España Portugal 2021-2027 (POCTEP) e liderado pola Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo.
Coa participación de representantes das 17 institucións e entidades galegas e portuguesas que participan neste proxecto, este encontro abrirase, tras a benvida institucional, cunha presentación do investigador José Antonio Vega, sobre os incendios en Galicia e no norte de Portugal. Tras esta, terá lugar unha mesa redonda, aberta ao público, na que o coordinador do proxecto e os responsables dos seus diferentes paquetes de traballo darán a coñecer as principais liñas de actuación a desenvolver.