Programa Explorer UVigo-Santander
Explorer UVigo-Santander é un programa gratuito de apoio ao emprendemento que lle brinda á comunidade universitaria o impulso necesario para desenvolver o seu proxecto e lanzalo ao mercado.
Durante 12 semanas poderás asistir ás formacións do teu Explorer Space UVigo, un espazo de cotraballo onde conectarán con outras persoas emprendedoras coas súas mesmas inquedanzas e onde recibirán asesoramento personalizado e formación impartida por unha rede de máis de 200 profesionais expertos.
O apoio e as sesións complétanse con premios para acelerar as iniciativas con maior potencial: viaxes á European Innovation Academy de Lisboa, onde participarán nunha experiencia de inmersión e formación para os proxectos seleccionados por cada Explorer Space xunto con emprendedores doutros países.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 1 de setembro de 2023.
Máis información:
Área de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 036
areaemprego@uvigo.gal