Antes de acceder ao formulario electrónico lea estes importantes avisos:
Protección de datos
Os seus datos serán incorporados a unha aplicación informática da Universidade de Vigo. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, (LOPD), só serán utilizados para dar resposta as queixas, peticións, suxestións e parabéns do ámbito de xestión e, en ningún caso, serán cedidos a terceiros. Poderá exercer o seu dereito de acceso, rectificación e cancelación mediante escrito dirixido á Xerencia da Universidade de Vigo.
Recursos administrativos
Este sistema é independente do sistema de recursos administrativos previsto na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. As queixas presentadas non terán carácter de recurso administrativo nin a súa presentación interromperá os prazos establecidos na normativa vixente. A presentación de queixas non suporá, en ningún caso, a renuncia ao exercicio doutros dereitos e accións que poida exercer calquera interesado ou interesada.
Tramitación
As queixas, suxestións e parabéns deberán facer referencia ao funcionamento dos servizos, oficinas e unidades de xestión da Universidade de Vigo e a calidade dos servizos que se prestan. Deberán expresarse de xeito claro
As queixas, suxestións e parabéns poden enviarse en forma anónima. Se o usuario ou usuaria desexa unha resposta deberá facilitar un correo electrónico ou os datos necesarios para unha resposta por correo ordinario. Se coa súa queixa o reclamante fai unha petición de medidas de subsanación ou de compensación deberá dar os datos completos que permitan a súa identificación.
Lidos os avisos pulse aquí para acceder ao formulario