Foto superior de la cabecera de 
		Universidade de Vigo

Benvidos

 

BANNER-GIFLinks

Automatrícula

Servizo de Teledocencia faiTic

Secretaría Virtual

Vicerreitoría do Campus de Ourense

Area de Calidade

Unidade de Igualdade

Biblioteca Central

Oferta formativa

Grao en Xeografía e Historia

Guía Docente Grao en Xeografía e Historia

Guía de acollida

+ Historia

Páxina da Facultade de Historia en Facebook

Blog de Historia

Departamento de Historia, Arte e Xeografía 

 

  984x100-01HTCO3arqueologia

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2014-15 Máster en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural (HTCO3)

2014-15 Master Interuniversitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (USC-UVIGO_CSIC)

 

Caderno AQVATempo

No ano no que a Universidade de Vigo bota a andar o plan estratéxico Campus da Auga, xurde a idea do proxecto AQVATempo.

AQVATempo é un conxunto de textos e imaxes, que percorren a relación entre o home a auga a través dos tempos, e que amosan as posibilidades de diálogo entre a Historia, a Arte e a Xeografía e o Campus da Auga.

Ao tempo, estudantes do Máster de Libro Ilustrado e Animación, da Facultade de Belas Artes, investigan as posibilidades de colaboración na creación de contidos audiovisuais no ámbito das Artes e as Humanidades, a través das súas ilustracións.

Aquí podes descargalo en acceso aberto baixo unha licencia de Creative Commons:

AQVATempo (calidade alta)

AQVATempo (calidade media)

AQVATempo(versión imprimir)

 

Benvida á Facultade de Historia

As instalacións da Facultade de Historia están espalladas no chamado campus norte, é dicir na zona do campus que está máis próxima ao centro da cidade. As principais tarefas que desenvolvemos a comunidade de Historia céntranse principalmente no coñecido popularmente como “Edificio de Ferro”, convertido neste caso noso referente máis concreto, por erixirse como o punto de encontro máis habitual deste colectivo integrado por estudantes, persoal de administración e servizos e docentes.
Más alá deste edificio ou doutros onde desenvolvemos as nosas tarefas cotiás, ofrecémoste un abano de posibilidades centradas na realidade que se produce no interior dos edificios. Refírome ás relacións humanas establecidas a moitos niveis entre os tres colectivos e que constituirán o principal eixe de aprendizaxe, por suposto da Historia, da Arte e da Xeografía, pero sobre todo da vida. Para elo é imprescindible non só a vosa presenza, senón a vosa ilusión e a vosa colaboración; precisamos sentir que ademais de adquirir amplas perspectivas sobre a diversidade, os títulos que impartimos neste centro axúdannos a sentirnos mellor na vida; a espertar a nosa conciencia crítica; o respecto as diversidades; a desenvolver a tolerancia e a pensar que as verdades absolutas non existen e que no mundo aínda queda moito por facer e nesa re-construción, os instrumentos que nos aportan as Humanidades, son imprescindibles para a procura dun mundo mellor.

Benvidos/as e sorte no empeño!

Susana Reboreda Morillo


Presentación da Facultade de Historia

O coñecemento do noso pasado cultural permite aportar as ferramentas analíticas e conceptuais necesarias para acceder dun modo reflexivo e crítico ás produccións culturais do pasado, ademais de proporcionar os valores humanos, e principios éticos necesarios sobre os que se asenta a sociedade actual.

O carácter multidisciplinar e polivalente dos estudos (Historia, Arte e Xeografía) capacita para un amplo abanico de saídas profesionais ós seus egresados tan competitivos como os especializados nunha soa das disciplinas humanísticas, a pesares da cada vez maior flexibilidade do actual mercado laboral entre titulacións e postos de traballo. Os servizos educativos, os servizos da administración, os medios de comunicación, e un longo espectro de institucións e empresas, proporcionan un marco para o desenvolvemento de actividades relacionadas co perfil formativo do grao, preparando para unha gran variedade de actividades.

Ademais, a riqueza histórica, artística, arqueolóxica e natural proporciona unha estreita relación entre os estudos universitarios e o mercado laboral, abrindo unha nova vía de profesionalización ante a crecente consideración do legado cultural herdado como recurso dotado de valor económico ou productivo. A demanda e saídas profesionais no terreo da conservación, protección, xestión e difusión do patrimonio e o resto de actividades relacionadas co turismo cultural abren un amplo horizonte á saída profesional dos futuros graduados. As oportunidades ofrecidas pola constante expansión das actividades económicas relacionadas co patrimonio, a regulación da actividades arqueolóxica, a aplicación de normativas de ordenación do territorio e o turismo cultural xeneran una constante demanda de utilidade das nosas disciplinas.

Co obxetivo de dar resposta á demanda social de diferentes profesionais, e ós futuros graduados posibilitase unha continuación académica coherente coa posta en marcha do Mestrado oficial en “Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais”, cun perfil investigador, seguindo os criterios e plantexamentos establecidos no Real Decreto 1993/2007 polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais.

A conformidade na calidade quedou consignada na última evaluación docente realizada pola ACSUG para o curso 2011-2012. Cabe salentar tamén a experiencia adquirida durante a posta en marcha dos programas piloto con sistemas de transferencia ECTS, nos que a Facultade de Historia foi pioneira.
Os datos da tasa de eficiencia do noso centro son favorables, achegándose o 100%. O que sen dúbida indican as tasas é a mellora continua, mostrando o grande interese do alumnado na consecución do título. Os procedimentos existentes no Sistema de Garantía Interno de Calidade (SGIC) do centro valorarán o progreso e os resultados.
 

Campus Universitario As Lagoas s/n  /  32004 - Ourense

Tel: 988387101 - 988387200

E-mail Decanato: defho@uvigo.es

E-mail Secrataría Decanato: sdefho@uvigo.es

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal