Banner cabeceira

Cursar estudos na Universidade de Vigo

A Oficina de Relacións Internacionais (ORI) da Universidade de Vigo enviará por e-mail a cada estudante de intercambio unha carta de aceptación e un paquete informativo, tan pronto como sexa recibida, por fax (+34 986 813 819) ou por correo electrónico (ori1@uvigo.es), a seguinte documentación (que ten que ser enviada pola universidade de orixe do estudante confirmando a súa condición de estudante de intercambio no marco dos nosos convenios de cooperación ou acordos Erasmus):

Prazos para recibir o impreso de solicitude:

  • Data límite para estadías anuais ou do 1.º cuadrimestre: 30 de xuño.
  • Para estadías do 2.º cuadrimestre: 30 de novembro.

Contido do paquete informativo:

  • Impreso de chegada (opcional) (para que un voluntario español reciba o estudante no aeroporto, estación de tren ou estación de autobuses de Vigo, Orense ou Pontevedra)
  • Calendario académico
  • Información relativa ao aloxamento
  • Información dos nosos cursos de español e de galego para estranxeiros durante o curso académico
  • Listado de responsables de relacións internacionais en cada centro
  • Información turística de Vigo, Ourense ou Pontevedra

 

Para resolver cuestións académicas, o alumnado porase en contacto cos responsables de relacións internacionais do respectivo centro da Universidade de Vigo.

Os estudantes teñen que falar con antelación cos seus responsables académicos (na universidade de orixe) para decidir que materias teñen que realizar na Universidade de Vigo. A equivalencia das materias resolverase coa universidade de orixe antes de contactar co responsable de relacións internacionais da Universidade de Vigo.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal