Spin-offs
As spin-offs son empresas que se constitúen por iniciativa dos membros da comunidade investigadora e que explotan os coñecementos e as tecnoloxías xeradas nos traballos de investigación realizados na propia universidade
Contribúen deste xeito ao desenvolvemento económico e social, ao favorecer o progreso e xerar riqueza. As spin-offs universitarias basean a súa actividade de forma maioritaria en tecnoloxías emerxentes, avanzadas e innovadoras, xerando valor e emprego de alta cualificación
Na Universidade de Vigo temos o firme compromiso de facer realidade a creación de spin-off universitarias nacidas desde o noso propio seo. A Oficina de I+D ofrece unha serie de servizos que facilitan esta liña de transferencia de tecnoloxía e coñecemento:
- Asesoramento para a presentación da solicitude para a creación dunha spin-off da Universidade de Vigo.
- Análise e informe da solicitude respecto aos resultados de investigación da universidade: titularidade, tecnoloxías e coñecementos que se van transferir, adecuación da transferencia ao proxecto, valorización desta etc.
Normativa
- Normativa de creación de empresas de base tecnolóxica da Universidade de Vigo
- Formulario de solicitude (PDF)
Consulta o catálogo de spin-offs da Universidade de Vigo